-
Día Mundial do Sida: Todo o que hai que saber
Luns 1 de Decembro do 2008
-
Desde a páxina da Fundación do Movimento Cidadán Antisida podedes descargar gratuitamente un xogo interactivo que simula o taboeiro do Trivial Pursuit con máis de 1000 preguntas que recollen temas como practicas de riesgo, tratamentos, aspectos sociais e tódolos aspectos que queirades traballar na aula sobre este tema.
Tamén podedes utilizar algunha das presentacións interactivas que nos presentan desde a National Library en Medicine ( en español) sobre o SIDA para ir publicando nos blogues de aula actividades a partir destas sinxelas e aclarativas explicacións multimedia.
Tags: sida
Publicado en Biblioteca de aula |
Comentar »
-
xeroglífico do clima
Domingo 30 de Novembro do 2008
-
GenMagic é un portal de creación e investigación multimedia educativa de visita obligada.
Entre as múltiples aplicacións que podemos atopar nas súas páxinas destacamos hoxe, pensando na competencia lingüística, este xerador de xeroglíficos ao que lle podedes sacar moito rendimento xogando coas palabras clave das unidades de Climaeucambio que esteades traballando na aula, ou como complemento das actividades propostas por Meteogalicia para engadirlles actividades que reforzen a competencia lingüística e comunicativa.
Só teredes que marcar ata dez palabras clave e o programa xenera automáticamente os xerogl&i ...
Tags: língua
Publicado en Actividades de aula, Caixón de ferramentas |
Comentar »
-
PALABRAS PARA UN VÍDEO
Xoves 27 de Novembro do 2008
-
Este é un vídeo realizado pola UNEP con motivo do Día Mundial do Medioambiente do ano pasado. Utilizádeo como recurso nos vosos blogues e animade ós alumnos e alumnas a deixar comentarios sobre a súa mensaxe.
Non tedes máis que pinchar onde pon Youtube e os levará a páxina deste buscador onde se publicou, inserilo no blogue e acompañalo dunha ou dúas preguntas curtas que deben responder nos comentarios.
Publicado en Actividades de aula |
Comentar »
-
Zarpamos!
Mércores 26 de Novembro do 2008
-
Hoxe remata a primeira parte do curso de posgrao Climántica:Comptencia dixital, ou,o que é o mesmo comezan a funcionar os novos blogues de aula e temáticos da blogosfera Climántica.
Para empezar esta nova travesía, cargamos as vosas bodegas con boas provisións.
Neste post deixabamos algunhas actividades seleccionadas entre as realizadas polos profesores e profesoras máis veteran@s na comunidade de blogues de Climaeucambio :
Comenzamos con refráns
Misión Planeta Terra
Facendo documentais sobre animais
Carta ó presidente
Miniquest Cambio Climático
O tigre de Tasmania
Elemental, querido Watson!
Na percura dun aseso ...
Publicado en Actividades seleccionadas |
Comentar »
-
Tí controlas o Cambio Climático
Luns 24 de Novembro do 2008
-
Este é o título do post publicado no blog temático sobre Enerxías do novo proxecto CCMC de Climántica.
No post publicado o xoves da semana pasada , falábannos da web de medio Ambiente da Comisión Europea onde podedes atopar multitude de recursos e actividades para que os rapaces de Climaeucambio traballen nos blogues.
Para empezar: A calculadora de Carbono
Que outras utilidades utilizástedes e como?
Publicado en Actividades de aula |
Comentar »
-
Tipos de clima
Xoves 20 de Novembro do 2008
-
Un recurso para desenvolver na próxima sesión do Proxecto Interdiciplinar
Ver a pantalla completa
Tags: clima
Publicado en Elementos do clima |
Comentar »
-
Webquest: Revolución Industrial e sostibilidade no mundo contemporáneo.
Mércores 19 de Novembro do 2008
-
INTRODUCCIÓN:
Un dos puntos fráxiles que presenta a época contemporánea é a sostibilidade do sistema económico que ten a súa orixe a fins do S XVIII en Gran Bretaña e se estendeu ó resto de Europa ( e do mundo ) nos dous séculos seguintes, o que se denomina Revolución Industrial.
Pero, ¿ a que nos referimos cando falamos de sostibilidade?
A palabra sostibilidade fai referencia ó equilibrio entre os recursos que a natureza nos ofrece e o seu consumo por parte do ser humano.
Pero o home veu en romper este equilibrio, rompendo as dúas condicións imprescindibles para mantelo: esquilma os recursos, xerando residuos que ...
Tags: webquest
Publicado en Didáctica |
Comentar »
-
Facer a cousa verde
Domingo 16 de Novembro do 2008
-
Esta é a tradución literal da páxina Do The Green Thing unha web sen ánimo de lucro, que inspira á xente a levar unha vida máis verde.
Cada mes propoñen unha actividade que podes levar a cabo na vida cotiá, e como non, nos blogues de Climaeucambio.
É moi divertido porque ademais de animarnos con vídeos espectaculares, imaxes fantásticas e historias marabillosas en inglés (Atención Proxectos Bilingües) dánnos ideas para facer algo similar nos nosos blogues.
No mes de outubro a proposta era camiñar, este mes “comer verde” .
Animade aos rapaces a que conten as súas historias, publiquen imaxes relacionadas
Publicado en Actividades de aula |
Comentar »
-
Sexto aniversario del Prestige
Xoves 13 de Novembro do 2008
-
De acuerdo con la interdisciplinaridad del proyecto Climaeucambio , este triste aniversario nos ofrece la posibilidad de desarrollar en los blogs de aula la Webquest ¡ Nuestros amigos los textos! de Almudena García que podemos adaptar al nivel educativo de 1º de ESO eligiendo textos de mayor dificultad que los que nos proponen en la actividad.
Los alumnos trabajarán con textos expositivos, descriptivos y dialogados ,tomando como eje principal las noticias en prensa digital sobre el aniversario de la mayor catástrofe ecológica que asoló las costas gallegas.
Tags: webquest
Publicado en Actividades de aula, Obradoiro de Prensa e Audiovisuais |
Comentar »
-
Menú do día: Elementos do clima
Martes 11 de Novembro do 2008
-
Estedes rematando ou empezando co tema, sempre é un bo momento para avaliar o que saben os rapaces sobre os elementos que conforman o clima. Con esta intención o pengüín de Climántica invita a comer a tódolos rapaces e rapazas de ClimaeuCambio.
Este é o Menú:
Aperitivo Test de expertos deClimaTic
Primeiro plato: Hot Potatoes Climas
Postre: Animade os rapaces a que publiquen ou redacten nos comentarios un microrrelato onde conten as sensacións do noso pengüín dependendo do tipo de día que lle toque vivir (venteado, soleado, con neve.etc). Pero….Cuidado! Non se pode repetir o que xa dixeron os compañe ...
Tags: Elementos do clima
Publicado en Elementos do clima |
2 Comentarios »